A Caseta de Sil, pensión con encanto en Lira, Carnota

No auténtico porto pesqueiro de Portocubelo, na Costa da Morte.

A que hora son a entrada e a saída?
A entrada é a partir das 16:00 e a saída, ata as 12:00.

Como se accede ao aloxamento?
A entrada é autónoma mediante códigos.

Hai algunha habitación adaptada para persoas con mobilidade reducida?
Si. A habitación Portocubelo, situada na planta baixa, está adaptada.

Mereces

o mellor descanso e tranquilidade

Inspirada na tradición pesqueira dos nosos devanceiros, A Caseta de Sil é unha pensión con encanto e alma mariñeira en Lira, Carnota. O aloxamento está construído sobre a antiga caseta do meu avó, o Buzo Dosil, quen participou no desguace do navío Ariete no 1966.

Daquel histórico buque conservamos con agarimo varias pezas que hoxe forman parte de A Caseta de Sil: a súa escafandra orixinal, que inspira o noso logotipo, un temón e un compás do barco. Estas pezas manteñen vivo o vínculo de A Caseta de Sil co mar e coa tradición pesqueira de Lira, mentres que a rehabilitación do espazo combina a nosa historia familiar e mariñeira co confort actual fronte ao Atlántico.

Aquí queremos ofrecerche unha estadía tranquila, vinculada ao mar e ao ritmo de vida de Lira, desde a que descubrir Carnota e a Costa da Morte.

Descubre a tranquilidade dun pequeno aloxamento con identidade propia nun dos recunchos máis especiais da costa galega.

Habitacións

Con vistas ao mar e espazos para o descanso

Esperta pola mañá e sae contemplar os pequenos barcos de pesca do porto de Lira, ou goza ao solpor das cores do ceo sobre o Atlántico.

As catro habitacións de A Caseta de Sil están pensadas para gozar do turismo slow cunha estadía tranquila en Carnota. Cada unha ten a súa propia personalidade e características, con espazos inspirados na paisaxe e na tradición mariñeira de Lira

Dúas das nosas habitacións dispoñen de jacuzzi privado, unha opción especialmente pensada para quen busca unha escapada en parella e uns días de desconexión xunto ao mar.

Dende A Caseta de Sil poderás gozar da contorna de Lira, Carnota e o Monte Pindo, unha das paisaxes máis singulares desta parte da costa galega.

Un refuxio de paz

entre o noso patio e o xardín exterior

Queremos que a túa única preocupación sexa gozar. Esquécete do reloxo no noso patio interior, un recuncho resgardado ideal para unha boa lectura, ou reláxate no noso xardín compartido, con zona chill-out e solario.

Pola mañá, podes gozar do almorzo nestes espazos tranquilos. Os nosos almorzos inclúen pan artesán da zona, repostería caseira acabada de facer, froita de tempada e zume natural, para comezar o día sen présas e saboreando Carnota.

Para que o descanso sexa completo, todas as nosas habitacións contan con servizo de limpeza diaria e amenities de benvida.

Goza dunha estadía tranquila en Lira, Carnota, xunto ao Atlántico, e vive o auténtico turismo slow mentres descobres a Costa da Morte, a ría de Muros e Noia e outros recunchos das Rías Baixas.