Aloxamento en Carnota con esencia mariñeira

A Caseta de Sil, pensión en Lira fronte ao Atlántico

Un aloxamento mariñeiro con todas as comodidades en Lira

Para gozar de Carnota durante todo o ano

O océano Atlántico é a alma de A Caseta de Sil, unha pensión en Lira, Carnota, situada en Portocubelo. Na primavera e no verán, a contorna invita a gozar das praias e da vida xunto ao mar; no outono e no inverno, o Atlántico amosa o seu carácter máis bravo e espectacular. Por iso, A Caseta de Sil está pensada para gozar deste recuncho de Galicia durante todo o ano.

O noso aloxamento dispón de espazos e servizos pensados para que goces dunha estadía cómoda en plena Costa da Morte. Tanto se vés descansar xunto ao mar como se prefires percorrer a costa, descubrir Carnota ou gozar duns días de turismo slow, aquí atoparás un refuxio tranquilo fronte ao porto de Portocubelo.

Para unha escapada en parella, Monte Pindo e Solpor contan cun jacuzzi privado de uso exclusivo e terraza propia. O almorzo está incluído para gozar duns días de descanso en Carnota en calquera época do ano.

Como reservar unha habitación na Caseta de Sil?

Podes consultar a dispoñibilidade e os prezos das nosas catro habitacións directamente desde a nosa web. Só tes que premer en «Consultar dispoñibilidade e prezos», seleccionar as datas da túa estadía e seguir os pasos do sistema de reservas.

Se tes algunha dúbida antes de reservar, podes contactar connosco por WhatsApp, teléfono ou a través do formulario de contacto.

: Fachada de A Caseta de Sil, aloxamento en Carnota con terraza e vistas ao mar.

Os servizos do noso aloxamento:

Xardín exterior con mesas, bambán e zona chill-out.

Cociña compartida.

Entrada autónoma mediante códigos.

Climatización individual.

Jacuzzi privado en 2 das nosas 4 habitacións

Wifi de alta velocidade mediante fibra.

Vistas ao mar, acceso á praia e á contorna litoral.

Patio interior ao aire libre para tomar o café ou charlar.

Almorzo incluído con produtos da zona.

Servizo de limpeza diaria.

Carnota, entre a Costa da Morte e as Rías Baixas

A nosa situación permite descubrir algunhas das paisaxes máis singulares da costa galega. Estamos preto da plaia de Carnota, Muros, o Monte Pindo, a Fervenza de Ézaro e Fisterra. Dende aquí tamén podes achegarte á ría de Muros e Noia e continuar cara ás Rías Baixas.

Praias, natureza, historia, gastronomía e pequenas vilas mariñeiras forman parte dunha estadía nesta zona de Galicia.

Propómosche un plan? Sae desde A Caseta de Sil camiñando pola senda litoral ata o Faro de Lariño e, á volta, goza dun bo peixe nalgún dos restaurantes de Lira.

Plans ao aire libre en Carnota

Natureza, rutas e mar xunto a A Caseta de Sil

A contorna de Lira e Carnota conserva algunhas das paisaxes máis espectaculares da costa galega, entre praias, sendeiros, montes e espazos naturais abertos ao Atlántico.

Desde as inmediacións de A Caseta de Sil podes comezar a ruta da Volta da Gloria e descubrir algúns dos lugares máis representativos de Lira. Paga a pena achegarse ao Hórreo de Lira, coñecer A Caseta de Pepe do Cuco e percorrer os camiños que manteñen viva a tradición mariñeira da zona.

Se buscas unha ruta con vistas, o Monte Pindo é un dos grandes símbolos da paisaxe de Carnota. Desde os seus sendeiros poderás contemplar o litoral, os areais e boa parte da Costa da Morte.

Moi preto tamén se atopa Boca do Río, na desembocadura do río Vadebois e dentro do gran areal da praia de Carnota, un dos recunchos máis singulares do concello.

A contorna ofrece moitas posibilidades para gozar da natureza: sendeirismo, rutas en bicicleta, caiac, surf, pesca, mergullo ou paseos á beira do mar. E, se prefires un plan tranquilo, podes seguir a costa ata o Faro de Lariño e gozar da paisaxe atlántica sen présas.